sábado, 23 de noviembre de 2013

Xornada de Marisqueo no Banco de Placeres

O día 21 de novembro os rapaces de 3º E.S.O tivemos una charla co biólogo da cofradía de mariscadores de Placeres, Andrés Simón Gómez, que nos ensinou diversas cousas sobre como funcionan as nosas rías, o sistema de marisqueo, o proceso de selección deste e o amplo traballo que leva este oficio do que nós descoñeciamos a súa existencia. 

Despois desta charla, dada na sala de audiovisuais do colexio, os máis afortunados adentrámonos na nosa ría a falar cos mariscadores e preguntarlles como facían o seu traballo. Para moitos de nós, isto xa non era novo debido ao número de rapaces con familia mariscadora. Cando a marea subiu fomos a ver o proceso de selección de ameixas, onde unhas máquinas seleccionábaas polo seu tamaño. Rematado o proceso volvemos á escola con novos coñecementos sobre o que tan preto temos pero tan pouco coñecemos.

Lara Pérez (3º ESO)


  
 





No hay comentarios :

Publicar un comentario en la entrada