miércoles, 30 de octubre de 2013

Visita a Aula Natureza de CABO UDRA

O pasado mércores día 23 de outubro os alumnos e alumnas de 3º ESO e Aula Azul, realizamos unha saída cultural a Cabo Udra (Bueu). Percorremos unha ruta na que puidemos ver a fábrica de salgadura, algunhas embarcacións tradicionais e a exposición da Aula da Natureza sobre as distintas aves e especies mariñas que habitan na zona. 

Durante o camiño fixemos unha pequena parada, perfecta para descansar e tomar unha comedela para adquirir forzas e continuar a ruta. A continuación, fomos a unha fermosa praia, con abundantes árbores e rochas nas que batían as ondas do mar bruscamente, que fixeron que algún que outro compañeiro de clase quedase co pantalón mollado. Estivemos un tempo na praia, o xusto para inspeccionala e sacar unhas fotos; e finalmente, camiñamos ata o autobús que nos levaría de volta ao colexio.

Alba Rosales / Andrea Rouco (3º ESO)